InicioMovementos SociaisAs traballadoras despedidas do Hotel Bahía anuncian concentracións durante O Marisquiño

As traballadoras despedidas do Hotel Bahía anuncian concentracións durante O Marisquiño

PUBLICADO O

As camareiras de pisos do Hotel Bahía de Vigo retoman as accións contra a empresa coincidindo coa celebración do festival de deporte urbano do Marisquiño, para seguir denunciando o despedimento masivo de todo o cadro de persoal.

“Como levamos informando durante estes 3 meses, o 7 de maio todas as camareiras de pisos do Hotel Bahía de Vigo foran despedidas sen previo aviso, ao non renovar o hotel o contrato con Alliance Outsourcing (a contrata do servizo de limpeza anterior), e o martes 8 de maio entraba xa Mantelnor-Nortempo (a nova contrata) coa súa propia plantilla e con condicións laborais máis precarias“, recordan.

A Confederación Nacional do Traballo de Vigo, sindicato maioritario neste caso, volve á carga “ante o silencio humillante e a falta de vontade de diálogo por parte destas tres empresas por finalizar este conflito, especialmente ante as descaradas declaracións de César Sánchez-Ballesteros, dono do hotel, afirmando que nada disto ía con el e eludindo as responsabilidades deste despedimento masivo que el mesmo decidiu, deixando na rúa a nada máis e nada menos que 20 traballadoras, de antigüidade de varios anos demostrada e con importantes cargas familiares”.

Alegan que César Sánchez-Ballesteros, tamén presidente da patronal hostaleira da provincia de Pontevedra, “non quere pagar salarios decentes ás traballadoras e por iso as despide, para contratar a outras en peores condicións laborais”.

Protesta Hotel Bahia
Protesta das traballadoras Hotel Bahia/Miguel Nuñez

Deste xeito, e como medio de protesta, este Marisquiño de 2018 estará acompañado de concentracións da CNT-Vigo, o evento internacional será espectador “das miserias que se cocen no sector das camareiras de pisos, concretamente no Hotel Bahía de Vigo. Venres 10, sábado 11 e domingo 12, convocamos accións nas portas deste antro de abusos laborais de 17h a 21h, cada día deste evento e nas horas de maior afluencia do Festival”.

Liberdade sindical que, segundo asegura Uxía Veira, secretaria xeral de CNT-Vigo, “o seu cómplice e amigo alcalde Abel Caballero tratou de anular, impedindo exercer a nosa lexítima acción de protesta “convidándonos a aprazar” os nosos actos, porque non interesa que se informe de verdades como puños, que saia á luz a realidade da precariedade na hostalería”.

Espectáculo do Marisquiño/ O Marisquiño

“As kellys estamos xa máis que fartas de tanta humillación, de ter menos dignidade caos seus felpudos, de que se rían de nós e logo nos despidan sen maiores remorsos. As kellys, a CNT-Vigo saímos á rúa unha vez máis, a visibilizarnos, a facernos oír e esixir que admitan a subrogación e nos metan a todas para dentro outra vez”, selaron.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...