Desde Xornal de Vigo levamos tempo buscando un retrato para o barrio de Chapela, limítrofe coa cidade olívica e pertencente ao Concello de Redondela. Moitas persoas cruzan a fronteira a diario, mais Chapela continúa a ser unha terra descoñecida para milleiros de vigueses.

Paisano de chapela/ Miguel Nuñez

Curiosamente, o seu emblema é un peixe que se agocha baixo as areas. Pero, que esconde Chapela?

Unha das dificultades deste estudo é que ás veces resulta complicado determinar se unha árbore, unha estatua ou unha parede está en Chapela ou Vigo. A quen pertence este psicodélico graffiti?

Graffiti, en Chapela ou Vigo? / Miguel Núñez

A uns poucos quilómetros de Vigo, outras casas, outras tendas, outras praias. Os nenos xogan a tirarse desde o peirao, algo que hai tempo que non vemos nos arredores do Náutico. O brillo do Sol embelece a auga.

Mergullándose en Chapela / Miguel Nuñez

Por algunha razón, Chapela chamou a atención de centos e centos de persoas que atoparon a tranquilidade, ou se cadra moito máis, neste lugar.

Un xubilado de Chapela/ Miguel Núñez

Un lugar tantas veces esquecido pero que, mirado con ollos novos, demostra algo especial, un realismo máxico.

Arbusto rectangular/ Miguel Núñez

E para moitos de nos Chapela aínda pode supoñer a vertixe de coñecer un universo novo.

Limpando a ventá/ Miguel Núñez

Se deixamos a un lado a voz, a man, que pide ou simplemente ordena regresar.

E coñecemos unha contorna diferente, realmente estraña ás veces, cun chisco de beleza.

Tamén coas súas miserias: ata o paraíso as ten. Vías dun tren que xa non pasa, degradándose cada día.

E ninguén sabe a onde leva todo isto.

Mais caberá sempre respectar a capacidade do ser humano para adaptarse aos desafíos que se lle presenten e facer deste un mundo mellor.

Chapela

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here