Sindicatos da concesionaria da zona azul de Vigo: “Levamos máis dun ano avisando de irregularidades”

Xornal de Vigo fala con Carlos Landín, delegado sindical da UXT en Vigo, sobre a problemática xurdida na concesionaria.

Aparcamento
Aparcamento en Torredeceira /Miguel Núñez

O despedimento fulminante de 8 traballadores pola empresa Dornier, concesionaria do servizo de estacionamento no Concello de Vigo, así como as circunstancias nas que se produciron estes despidos, foi criticado por tódalas forzas políticas municipais e provocou unha folga indefinida que comezou hoxe martes 7 de agosto.

P- Preocupa un “efecto contaxio” nas demais concesionarias?

R- Se unha contrata logra chantaxear, as demais poden seguir o mesmo camiño: despedir e despois exercer presións. Esta mesma empresa xa está abusando noutras provincias, en tódolos servicios ten aos traballadores nunha situación precaria.

Levamos desde 2007 pelexando con eles por todo, obrigándonos a chegar ao xurídico. Como a oferta que presentaron non alcanza para cubrir as nóminas, obrigan ao concello a que compense as súas perdas e que se faga responsable. Os traballadores somos unha moeda de cambio para Dornier.

O Cadro Da ‘Zona Azul’ Inicia Folga Indefinida | Fonte: Europa Press

P- Como pode entenderse a postura da empresa, que non dá marcha atrás, tendo a tódolas forzas políticas en contra?

R- Os trámites que se están facendo en contra da empresa serán recorridos por ela, e sempre coa posibilidade de que os xulgados fallen ao seu favor. Metéronse nun contrato que non poden cumprir, así que non teñen nada que perder. E todo isto non é novo, levamos máis dun ano avisando. Non é posible ofertar un prezo un 30% inferior polo mesmo traballo.

Hai un ano que saíu este concurso, e a lei marcaba que se entregaría o contrato á empresa máis barata, sen máis. De feito, había un Tribunal de Contas de Facenda que lle deu a razón á empresa. Con Dornier aplicouse a norma vella, pero a Comunidade Económica Europea tirou xa das orellas ao goberno español, e os contratos da administración pública non se poden facer máis só polo baixo custe. E independentemente do que faga ou consiga o Concello, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pode quitarlle o servizo a Dornier.

“O CONCELLO PECOU DE INXENUO”

P- Confían no labor que está a facer o Concello de Vigo?

R- Os trámites estanse cumprindo. O día 30 foron os despedimentos. Asesorámonos e falamos coas forzas políticas, solicitando unha folga indefinida que comezou hoxe martes. Adquirimos o compromiso tanto do Concello como da oposición, pero son trámites que levan tempo.

Hai que facelo ben porque Dornier pode recurrir. Xa levamos dende 2007 de xuízo en xuízo, chegaran a retirarlle o servizo en 2013, pero despois de acudir ao Tribunal Constitucional.

P- Pero, non é o concello vigúes un “cómplice” desta contratación?

R- O Concello pecou de inxenuo. Hai concesións, como a de Vitrasa, que levan moitos anos, e non houbo problemas. Pero este é outro tipo de empresa. Pecaron de confiar na súa palabra de que ía manter os postos.

E 2 meses despois, Dornier pon a 8 persoas fóra, e non como medida económica, senón como represión sindical. Un dos despedidos estivera 27 anos de delegado sindical. Tan pouco como finalizou o ano de protección, despedírono. E dos 8, 5 máis son afiliados á UXT. E había 5 persoas máis na lista para despedir: “Hai 13 despedidos, pero de momento despedimos 8”. Que é isto?

P- Conservan intacta a esperanza no que acontecerá estes días?

R- O Concello deu pasos moi importantes e xa abriu un expediente sancionador. E ten moitos motivos para facelo. Esta empresa, Dernier, incumpre o prego de condicións nun montón de cousas.

Contratou como vixilante ente que non está publicada como tal polo Concello, non están polo tanto autorizados para facer esta función. De feito, se alguén recibe unha multa de estacionamento estes días, debe chamar á Policía Local, porque seguramente o traballador en cuestión non estivera autorizado para poñela.

P- O seguimento da folga está a ser bo?

R- Hoxe, primeiro día da folga, o seguimento foi total.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here