InicioSociedadeÉ o abastecemento da auga en Vigo o maior problema da cidade?

É o abastecemento da auga en Vigo o maior problema da cidade?

PUBLICADO O

Abel Caballero reunirase o 28 de agosto coa Ministra de Transición Ecolóxica, María Teresa Rodríguez, para falar da situación do abastecemento de auga na cidade de Vigo, “probablemente o maior problema da cidade”, considerou o alcalde.

“Trátase dunha competencia exclusiva da Xunta, que coa súa desatención atenta contra Vigo”, salientou, matizando que “e é lóxico que a competencia se estableza así, posto que non pode un concello solucionar unha cuestión que xorde a 40 quilómetros del”.

“a xenerosidade de vigo cos demais concellos é o que causa o problema”

Ante “a desidia absoluta da Xunta”, Caballero pensou nesta reunión, que non é a primeira: “Xa en plena crise da seca en Vigo fixen o mesmo, e obtiven como resposta unha desatención total, non lle importaba ao PP deixar sen auga a medio millón de persoas. Cumpre xa un ano desde que solicitei o transvase do río Verdugo ao Oitavén”.

“A presa de Vigo é insuficiente, comprobámolo de novo estes días. Sería suficiente para Vigo, en si mesmo, pero non para os 9 concellos aos que damos auga, e seguirémolo facendo, é a xenerosidade de Vigo o que causa o problema”.

“Feijóo segue sen facer nada, e esta desidia é un atentado contra a nosa cidade. Nada garante un outono con chuvias, un outono distinto ao pasado. E Feijóo non fixo absolutamente nada nun ano”, criticou.

Caballero amosará á ministra diferentes alternativas para o abastecemento da auga en Vigo, e o seguinte paso sería crear unha comisión de estudo coas tres administracións, os gobernos de Vigo, Galicia e España. O transvase do Miño é unha delas, máis dende o Concello manexan outras.

Estas accións serían “a garantía de que os concellos desta área non nos quedaremos sen auga”. Caballero culpa ao PP de ter que remar para acadar este obxectivo en contra da corrente, e dixo ademais “a Xunta, desde despachos fixo unha pésima xestión do caudal ecolóxico. Pura burocracia. Mentres, Vigo quedábase sen auga, tendo 10 veces máis de caudal ecolóxico do necesario”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...