InicioEconomíaCaballero responde ao PP: "Vigo ten os impostos máis baixos de todas...

Caballero responde ao PP: “Vigo ten os impostos máis baixos de todas as cidades galegas”

"Feijóo non se pode pasear por Vigo, a xente non o quere", alegou o alcalde vigués, que esixe a Xunta a retirada do imposto sanitario aos carburantes.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostrouse crítico unha vez máis xa non só con non ter sido invitado á ampliación do Ifevi por parte da Xunta de Galicia, senón tamén coas declaracións do seu presidente, Núñez Feijoó, nas que atacou a suposta existencia dunha alta carga impositiva na cidade olívica, algo que tamén advertira a representante dos populares en Vigo, Elena Muñoz.

A confrontación continúa, posto que Caballero nega tal cousa: “Xa temos a presión fiscal más baixa das cidades de Galicia, os impuestos máis baixos de todas as cidades galegas. Pero Galicia non é a comunidade cos impostos máis baixos”.

Así que, engadiu o alcalde, “o que ten que facer Feijóo é retirar aos carburantes o imposto dos 5 céntimos sanitarios, imposto autonómico á gasolina e o gasoil. En Castela e León, canto pagan deste imposto? Cero. Así que esixirei no próximo pleno a Feijóo que o rebaixe”.

Asegura Caballero que a eliminación deste imposto suporía 16 millóns de euros máis nos petos dos vigueses, e 80 millóns de rebaixa fiscal total para Galicia. “E isto que lle pedimos a Feijóo, non é nada que non fixera unha comunidade veciña”, aclara.

Ademais, o alcalde vigués subliñou que “o señor Feijóo fixo unha ampliación clandestina do Ifevi”, alegou Feijóo, porque “Feijóo non se pode pasear por Vigo, a xente non o quere”.

“De fonda clandesina, de cóstas á cidade, nun acto no que estaban practicamente sós os políticos da Xunta, para inaugurar unha obra no que Vigo e o seu concello aportaran o solo. Xa sabemos que a partir de agora haberá que fixar convenios coa Xuna, porque é a segunda vez que nos engana, como xa acontecera cos terreos do Tribunal de Xustiza”, recordou.

“Feijóo é un político mediocre para Vigo, desleal e de cóstas á cidade, este é o talante de Feijóo”, considerou Caballero, e subliñou o acontecido no Ifevi en que o presidente da Xunta “considerou que, como había alí dous empresarios, nunha ciudad con docenas de miles, había que falar de impostos, e como sempre mentiu de novo”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...