InicioDeportesVIDEOS | Batalla campal entre seareiros radicais do Celta e o Rayo...

VIDEOS | Batalla campal entre seareiros radicais do Celta e o Rayo antes do encontro

PUBLICADO O

A Policía Nacional tivo que intervir este sábado na contorna do Estadio de Balaídos, en Vigo, por un enfrontamento entre afeccionados do Celta de Vigo e o Rayo Vallecano que deixou varios feridos, aínda que polo momento ningún de gravidade.

Ocorreu na zona da Praza da Miñoca, na rúa Xosé Gil, sobre as 17.30 horas, cando faltaba apenas unha hora para que comezase o partido entre os dous equipos.

A falta de que a Policía actualice máis datos sobre estes altercados, polas redes sociais circulan vídeos nos que decenas de persoas se lanzan obxectos entre elas, provocan danos no mobiliario urbano e mesmo se golpean.

Os axentes instalaron na zona un dispositivo para identificar ás persoas implicadas na pelexa.

Testigos sinalan que os Bukaneros estaban xuntos na terraza dun bar cando chegaron os seareiros do Celta (Celta Vigo Hooligans e Tropas de Breogán) e emprendérona contra eles a patadas e usando o mobiliario da terrazas.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...