InicioSociedadeContinúan a subir os casos activos de Covid en Vigo aínda que...

Continúan a subir os casos activos de Covid en Vigo aínda que se reducen os contaxios

Nas últimas horas notificáronse 1.309 novas infeccións na área sanitaria.

PUBLICADO O

Galicia reduciu nas últimas horas os contaxios diarios por baixo dos 5.000, tras dúas xornadas nas que roldaron os 6.000 casos novos, e tamén se suavizou levemente a presión hospitalaria, aínda que volveu a subir o número total de casos activos de Covid-19.
Segundo os datos publicados este venres pola Consellería de Sanidade, con información recollida ata as 18,00 horas do xoves, nas últimas horas rexistráronse 4.807 contaxios novos (1.079 menos que na xornada anterior) e todas as áreas sanitarias reduciron o ritmo de detección de novos casos.

Na área sanitaria de Vigo rexistráronse 1.309 contaxios nas últimas horas; na área da Coruña-Cee rexistráronse 963 contaxios novos; na área de Santiago-A Barbanza, son 919 os novos infectados; na área de Lugo, Monforte e A Mariña hai 489 casos novos; na área de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras notificáronse 458 novos contaxios; na área de Pontevedra-O Salnés son 457 os novos casos; e na área de Ferrol detectáronse 212 contaxios máis.

Con respecto ao número total de persoas que actualmente teñen Covid en Galicia, a cifra creceu na última xornada ata os 62.141 casos activos (425 máis), e rexistráronse incrementos en todas as áreas, excepto Ourense, Pontevedra e Ferrol.

Así, á cabeza segue a área sanitaria de Vigo con 16.299 caos activos (248 máis), seguida pola área da Coruña con 13.452 (28 máis), e pola área sanitaria de Santiago, con 10.511 casos (246 máis). Na área sanitaria de Pontevedra hai 6.504 casos activos (72 menos), na de Lugo hai 6.429 casos (63 máis), na de Ourense hai 6.028 casos activos (75 menos) e na de Ferrol hai 2.918 casos (13 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, Galicia pasou de 681 pacientes con Covid ingresados a 668, dos que 41 están en Unidades de Coidados Intensivos (3 menos) e 627 en camas convencionais (10 menos).

Por áreas, a da Coruña mantén o maior número de enfermos graves, con 12 pacientes en coidados críticos, os mesmos que hai un día. Na área de Lugo hai 7 pacientes en UCI (un menos), na de Pontevedra hai 6 pacientes (un máis), nas de Santiago e Vigo baixou a 5 pacientes en coidados críticos cada unha (un menos en cada área), na área de Ourense hai 3 pacientes na UCI (un menos) e na área de Ferrol mantéñense 3 pacientes en UCI.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...