A UVigo elixirá o próximo 4 de maio novo reitor e representantes no Claustro

Tamén se celebrarán as eleccións a representantes no Claustro Universitario.

A UVigo elixirá o próximo 4 de maio novo reitor e representantes no Claustro.. UVIGO

A comunidade universitaria da Universidade de Vigo (UVigo) elixirá o seu novo reitor ou reitora o próximo 4 de maio, mesma data na que se celebrarán as eleccións a representantes no Claustro Universitario.

Tal como se recolle no Diario da Universidade de Vigo (Duvi), os membros do consello de goberno do centro educativo aprobaron este martes o calendario de eleccións a representantes no Claustro, así como o de proceso de eleccións de reitor.

O calendario para as dúas citas electorais comezará o 18 de febreiro coa publicación dos censos provisionais e acabará o 11 de maio coa proclamación definitiva dos resultados. “Hoxe sae a convocatoria de eleccións a reitor e a Claustro co mesmo calendario e non houbo adianto. Estamos en prazo”, indicou o actual reitor, Manuel Reigosa.