Repunte de hospitalizados en Vigo malia a baixada xeralizada de contaxios diarios de Covid

Descenden as infeccións activas no conjunto da Comunidade galega.

Unha sanitaria prepara probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo). CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS

Os novos contaxios de covid-19 en Galicia volven baixar e descenden da barreira dos 5.000, concretamente ata os 4.533. Tamén descenden as infeccións activas, ata as 65.631 (máis de mil menos nas últimas 24 horas), así como a taxa de positividade, que baixa ata o 19,82%. A presión hospitalaria, con todo, repunta e alcanza os 658 ingresados (23 máis que a xornada anterior).

Así se reflicte no balance publicado este domingo pola Consellería de Sanidade, con datos solicitados ata as 18,00 horas do sábado, e que notifica 41 pacientes en UCI (un máis) e 617 en unidades convencionais (22 máis).

Por áreas sanitarias, a carga asistencial aumenta en catro das sete, descende en dúas e mantense sen cambios en Santiago, que continúa con 103 pacientes en unidades convencionais e catro en UCI.

Respecto dos aumentos, Ourense rexistra 81 hospitalizados en planta (sete máis) e catro en críticos (sen cambios); A Coruña conta con 163 pacientes en unidades convencionais (14 máis) e 11 en UCI (sen cambios); mentres que en Pontevedra son 81 os ingresados en planta (un máis) e cinco en coidados intensivos (sen cambios); e en Vigo hai 82 pacientes en planta (catro máis) e oito en críticos (un máis).

Doutra banda, a presión redúcese nas áreas de Ferrol, onde hai 33 hospitalizados en unidades convencionais (un menos) e dous en UCI (sen cambios); e en Lugo, que rexistra 74 en unidades convencionais (un menos) e sete en coidados intensivos (sen cambios).

BAIXAN OS CONTAXIOS

Os novos contaxios descenden respecto da cifra rexistrada este sábado (5.608), 1.075 contaxios menos nas últimas 24 horas. Así, Galicia suma este domingo 4.533 infeccións novas, por baixo da barreira das 5.000 por primeira vez desde fai cinco días –o 25 de xaneiro rexistráronse 4.843 novos contaxios–.

Así, desde o inicio da pandemia, rexistráronse en Galicia 415.600 contaxios, dos que 98.628 corresponden á área de Vigo (+1.268); 87.819 á da Coruña (+923); 63.318 á de Santiago (+765); 50.280 á de Ourense (+419); 48.788 á de Pontevedra (+494); 42.913 á de Lugo (+513); e 23.854 á de Ferrol (+151).

Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade este pasado venres 28 de xaneiro, a incidencia acumulada a 14 días segue en descenso en Galicia ata situarse en 2.861,54 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 3.078,47 de media en España –onde tamén baixa–.

BAIXAN OS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos, baixan en Galicia ata os 65.631, o que supón 1.830 infeccións activas menos nas últimas 24 horas (67.461 casos).

Pese ao descenso xeneralizado, a área sanitaria de Vigo segue á cabeza no número de infeccións, e rexistra 17.174 persoas con Covid (443 menos que hai un día); seguida pola área da Coruña, con 14.365 casos (276 menos); e a área de Santiago, con 10.428 casos (228 menos).

Na área sanitaria de Pontevedra o número de casos activos de Covid baixa a 7.324 (267 menos); na de Ourense hai 6.582 (261 menos); na área de Lugo os casos baixan a 6.691 (200 menos); e na área de Ferrol hai 3.067 casos activos (146 menos).

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here