A gran noite de Raphael en Castelos

Rapahel, en Vigo / Miguel Núñez

Raphael protagonizou na noite deste xoves un concerto masivo para o programa Vigo en Festas 2018, nun auditorio de Castrelos que o alcalde definiu de novo como “marco incomparable”.

Rapahel, en Vigo / Miguel Núñez

Castrelos, cheo ata a bandeira coreou as máis célebres cancións de Raphael, o cal demostrou durante todo o concerto que os anos nos pasan pola súa voz, os seus movementos no escenario e a súa xestualidade teatral, dramática. De feito, hai quen o descoñece, pero tamén é actor de teatro, cine e televisión. Ten 75 anos.

Pola súa banda, na súa “obrigada” intervención o rexedor vigués definou este programa de concertos como “as festas máis marabillosas” e alabou unha vez máis a Vigo e a Castrelos, así como declarou o amor pola nosa cidade do artista invitado, neste caso un Raphael que si amosou o seu cariño aos espectadores.

Rapahel, en Vigo / Miguel Núñez

Mais esta actuación non dá por finalizado o Vigo en Festas. Restan os concertos de Lori Meyers (xa dillo Caballero que os vigueses son “os que máis daben do indie”), Juanes e O.T.

Rapahel, en Vigo / Miguel Núñez

Nas primeiras filas do auditorio, figuras políticas como David Regades ou Carmela Silva.

Rapahel, en Vigo / Miguel Núñez

Máis de 5 décadas leva Raphael na industria do entretemento, namorando centos e centos de persoas, e miles de fans agolpáronse en Castrelos para desfrutar, en definitiva, dunha “gran noite”.

Rapahel, en Vigo / Miguel Núñez

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here