InicioPolíticaMarea de Vigo e BNG esixen a retirada da campaña antiabortista das...

Marea de Vigo e BNG esixen a retirada da campaña antiabortista das marquesiñas da cidade

A Asociación Católica de Propagandistas iniciou esta campaña en 33 cidades do Estado español.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Marea de Vigo e o BNG vigués esixiron a retirada da campaña antiabortista que a Asociación Católica Propagandistas (AdcP) instalou nas marquesiñas e nos mupis da cidade. Así, nun comunicado, a concelleira de Marea de Vigo Oriana Méndez asegurou que esta publicidade incumpre o contrato adxudicado polo Concello á empresa JCDecaux, “que impide claramente a presenza de propaganda sexista ou vexatoria contraria aos dereitos constitucionais”.

Por iso, solicitou á concellaría de Mobilidade e Seguridade que pida a “inmediata” retirada desta campaña “acosadora dun dereito regulado e absolutamente lícito das mulleres”.

Na mesma liña falou o concelleiro nacionalista, Xabier P. Igrexas, que asegurou que se trata dunha propaganda “reaccionaria” da “dereita ultracatólica” que usa estes paneis para propagar o seu “discurso do odio”.

Tamén solicitou ao Concello que ordene a retirada desta publicidade. “Vigo ten que configurarse como un territorio libre de todas as violencias machistas”, reivindicou Igrexas.

Todo iso despois de que a Asociación Católica de Propagandistas (ACdP) lanzase unha campaña antiabortista en 33 cidades de toda España baixo coa lema “rezar fronte ás clínicas abortistas está xenial” para manifestarse contra a Lei do Aborto que expón o Goberno.

 

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...