InicioVigo e contornaVigoO macrogromo da Residencia Bemvibre segue en aumento e suma 105 positivos

O macrogromo da Residencia Bemvibre segue en aumento e suma 105 positivos

Galicia rexistra máis de 400 contaxios nestes centros, case tres veces máis que hai unha semana.

PUBLICADO O

Os casos nas residencias de maiores en Galicia disparáronse na última semana, como así tamén se multiplicaron no cómputo xeral de toda Galicia. Deste xeito, son 412 os positivos contabilizados desde a última semana recollidos no parte da Consellería de Política Social, case tres veces máis que hai unha semana e 13 veces máis que xusto antes das festas do Nadal, o 22 de decembro.

Estes datos, ademais, prodúcense tras o macrogromo na Residencia Bembrive de Vigo, na que se contabilizan 105 usuarios contaxiados dos 150 residentes, o que supón 15 positivos confirmados máis con respecto aos datos dispoñibles na xornada deste martes.

Ademais, entre os brotes máis grandes detectados, sitúanse os 36 casos na Residencia A miña Casa Ferrol; 25 usuarios contaxiados en Residencia Raiola O Hórreo, de Santiago; 25 en Residencia Virxe de Guadalupe, de Mos; e 24 en Residencia A miña Casa de Pazos de Borbén. En residencias de discapacidade hai 11 casos a activos de usuarios.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...