InicioVigo e contornaVigoO grupo Stellantis, líder en vendas no sector do motor español

O grupo Stellantis, líder en vendas no sector do motor español

Un de cada catro coches do Estado sae das súas fábricas.

PUBLICADO O

O grupo Stellantis, no seu primeiro ano de actividade, sitúase no primeiro posto por volume de vendas no mercado español, con 257.191 turismos e vehículos comerciais matriculados, que representan un 25,4% de cota.

Un de cada catro vehículos matriculados en España en 2021, segundo informa a compañía nun comunicado, pertence a unha das marcas que Stellantis comercializa. Peugeot, unha das marcas do consorcio, é líder por cuarto ano consecutivo, con 88.454 matriculacións e un 8,7% de cota.

Doutra banda, Stellantis tamén é líder en vehículos comerciais, con especial protagonismo dos modelos fabricados en Vigo, matriculando 64.487 unidades. “O seu 42,3% de cota de mercado reflicten moi ben a confianza de todo tipo de empresas e profesionais nos vehículos que compoñen as gamas de Citroën, líder do mercado, Peugeot, Fiat e Opel, catro marcas no ‘top 10′ do ranking’, destaca a compañía.

O conglomerado Stellantis comercializa xa 40 modelos electrificados (100% eléctricos e híbridos enchufables) no mercado español, concretamente, no 2021 matriculou 15.104 turismos e vehículos comerciais, que lle sitúan na primeira posición do ranking cunha cota do 21,5%.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...