InicioSociedadeO aeroporto de Vigo, xa operativo tras ser reparada a fochanca situada...

O aeroporto de Vigo, xa operativo tras ser reparada a fochanca situada na pista

Medía aproximadamente sete metros de lonxitude e dous de amplitude.

PUBLICADO O

O aeroporto de Peinador, en Vigo, xa está operativo tras ser reparada a focha situada na pista, segundo confirmou Aena nas súas redes sociais. Aínda que a previsión manexada tanto por Aena como pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra apuntaba a que o aeroporto reabriría este luns, finalmente fíxoo na tarde deste domingo.

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, desprazouse este venres ao aeroporto para coñecer o estado das actuacións xa iniciadas para a reparación da pista. Larriba confirmaba a información ofrecida por Aena, que explicaba nas súas redes sociais que os traballos os levará a cabo a empresa Francisco Gómez e Cía.

A focha, explicou a Delegación, medía aproximadamente sete metros de lonxitude e dous de amplitude e estaba situado a 200 metros do limiar da cabeceira 19 da pista.

Segundo explicou a representante do Executivo en Galicia, a focha foi detectada este xoves nunha revisión rutineira levada a cabo por operarios do aeroporto. “Nun primeiro momento, a focha era de pequenas dimensións e non comprometía a seguridade das operacións. No entanto, monitorouse o seu estado mediante revisións tras cada operación de chegada e saída”. O venres pola mañá, tras unha revisión, detectouse un aumento “considerable” das dimensións do buraco e pechouse inmediatamente a pista.

Durante esta fin de semana, e ante a imposibilidade de aterrar en Vigo, algunhas compañías optaron por desviar os seus voos ao aeroporto de Santiago de Compostela, onde se notou un maior tráfico. Algunhas delas foron Binter Canarias –concretamente un procedente de Tenerife norte–, Iberia –desde Madrid– ou Ryanair –un voo procedente de Barcelona–.

Moitos foron os pasaxeiros que mostraron en redes sociais o seu descontento pola confusión e falta de información tanto por parte de Aena como por parte das propias aerolíneas.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...