InicioSociedadeO Pleno de Vigo aproba o seu orzamento para 2022, que ascende...

O Pleno de Vigo aproba o seu orzamento para 2022, que ascende a 285,6 millóns de euros

Supoñen 21 millóns máis que as contas de 2021.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este mércores os seus orzamentos municipais para o ano que vén, que ascenden a 285,6 millóns de euros (21 millóns máis que as contas de 2021), cos votos favorables do grupo de goberno e o rexeitamento dos 7 edís da oposición.

Nunha rolda de prensa, o alcalde, Abel Caballero, fixo un balance positivo do orzamento aprobado, e lembrou que “se conxelan” as taxas municipais para o ano que vén e haberá exencións fiscais por valor de 17 millóns de euros. “Son uns bos orzamentos, con débeda cero, e mantéñennos nunha situación económica boa na cidade”, proclamou.

Pola súa banda, o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, destacou na sesión plenaria os máis de 40 millóns de euros que se destinarán a investimentos, ou as partidas de Benestar Social, con 22 millóns de euros, de maneira que a dotación económica para este tipo de políticas incrementouse “en máis dun 350 % desde 2007”.

Ante as críticas da oposición, que pediron unhas contas participativas e cuestionaron o nivel de execución orzamentaria, Jaime Aneiros lamentou que PP, Marea de Vigo e BNG “están preocupados na construción do relato”, ignorando as boas cifras da actividade turística, comercial ou os servizos públicos de calidade. “Viven nunha cidade distinta”, ironizou.

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...