InicioEconomíaO Goberno confía en que a súa proposta facilite un acordo "equilibrado"...

O Goberno confía en que a súa proposta facilite un acordo “equilibrado” coa patronal do transporte

Defende que a proposta incorpora "medidas que supoñen un cambio histórico" para o sector.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno trasladou a súa confianza en que a proposta que puxo sobre a mesa á patronal do transporte, para evitar o ‘paro do Nadal’ do sector, sirva para lograr este venres un acordo “equilibrado”. Así o trasladou a secretaria de Estado de Transporte, Isabel Pardo de Vera, en declaracións aos medios tras manter unha reunión co alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Segundo apuntou Pardo de Vera, o Goberno leva traballando tres semanas, “analizando as reivindicacións” da patronal do transporte, e sinalou que “se atenderon unha a unha, en equilibrio xusto e medido” con respecto “ao que atravesan todos os sectores”.

Nese sentido, defendeu que agora os transportistas teñen sobre a mesa unha proposta, “con medidas que supoñen un cambio histórico”, en consideración ao sector e, especificamente, aos condutores. Trátase de medidas, lembrou que implican modificacións lexislativas.

Por todo iso, manifestou a súa esperanza de que a reunión deste venres acabe cun acordo “lexítimo, equilibrado e que deriva do coñecemento do sector e da máxima sensibilidade” do Goberno.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...