InicioSociedadeSanidade convoca agora 14 prazas para cubrir as vacantes que quedaron no...

Sanidade convoca agora 14 prazas para cubrir as vacantes que quedaron no 2018

Quedaron libres cando dimitiron en bloque máis dunha vintena de xefes de servizo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da xerencia da área sanitaria de Vigo polas que se anuncian as convocatorias públicas para a provisión de postos de 7 xefes de servizo de Atención Primaria, outros 7 xefes de unidade e dúas prazas de coordinador/a de Enfermaría.

Con estas convocatorias avánzase no proceso para cubrir as vacantes que quedaron cando, a finais de 2018, dimitiron en bloque máis dunha vintena de xefes de servizo e de unidade da área sanitaria viguesa para denunciar a deterioración da Atención Primaria e reclamar máis medios.

Das prazas que quedaron baleiras, ata agora cubríronse 10: Lavadores, Casco vello, Beiramar, Teis, Rosalía de Castro, Sárdoma e López Moura en Vigo; e as da Cañiza, Ponteareas e Cangas.

Coas convocatorias publicadas polo DOG este xoves, preténdese cubrir as xefaturas de servizo de tres centros de saúde da cidade olívica (Matamá, A Dobrada e Pintor Colmeiro); e dos centros de saúde do Porriño, Tui, Val Miñor e Moaña.

Así mesmo, convocáronse outras sete xefaturas de Unidade para os centros de saúde de Taboada Leal (Vigo), Salceda, Mos, Chapela, As Neves, Panxón (Nigrán) e Salvaterra; e dúas prazas de Coordinación de Enfermaría para os centros do Porriño e Teis.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...