Un millón de euros para modernizar e “dar luminosidade” ao Centro Comercial A Laxe

"A Laxe é unha prolongación máis do Casco Vello a través da súa pasarela", asegurou David Regades.

A Laxe
Centro Comercial A Laxe /Miguel Nuñez

O delegado da Zona Franca, David Regades, acompañado polo secretario xeral do Consorcio, Santiago López-Guerra e do Director de Obras, José Ramón Torres, visitou este luns o Centro Comercial A Laxe.

Na roda de prensa posterior á visita, o delegado anunciou un estudo para a mellora e modernización das instalacións, cuxa reforma ascenderá a un millón de euros e que servirá, entre outras cousas, para darlle maior luminosidade ao Centro. Hai que engadir que está prevista a construción dun casino.

A laxe
Centro Comercial A Laxe / Miguel Nuñez

David Regades aproveitou a súa visita para saudar e agradecer aos comerciantes a súa presenza no Centro Comercial, poñéndose “á súa disposición para todo o que estimasen oportuno”.

O delegado expresou a súa aposta por “dinamizar o comercio local e por chegar a acordos de colaboración coa Asociación de Comerciantes do Casco Vello”: “Queremos que, desde A Laxe, se reforce o comercio local, a gastronomía e a restauración desta zona tan importante da cidade como é o Casco Vello, xa que A Laxe é unha prolongación máis do Casco Vello a través do seu pasarela“, manifestou.

A laxe
David Regades, este luns na Laxe / Miguel Nuñez

Regades anunciou tamén que, no mes de setembro, o Consorcio aprobará o proxecto de reforma que transformará o robotizado nun aparcamiento convencional cunha capacidade para 180 coches.

1 COMENTARIO

  1. Cando chega o Casino aparecen tamén os cartos para abrir o parking 24 horas e dar “luminosidade” ao centro de ludopatía de Vigo !

    Seica o resto dos cidadáns (os que non xogamos ás tragaperras!) non tiñamos dereitos ata agora ?

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here