InicioSociedadeDetectan os dous primeiros casos da variante ómicron na área de Vigo

Detectan os dous primeiros casos da variante ómicron na área de Vigo

Hai outros dez en estudo.

PUBLICADO O

Galicia confirmou os dous primeiros casos da variante ómicron da Covid-19, descuberta en Sudáfrica, detectados na área Sanitaria de Vigo, mentres que ten 10 en estudo. Así o anunciou este venres o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Consello da Xunta, na que explicou que foi o servizo de Microbioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) o que confirmou estes dous casos.

O mandatario galego sinalou que “falta secuenciar 10 casos” para confirmar ou non esta variante ómicron. Segundo destacou Feijóo, “hai algún contacto con outras áreas” da persoa que tivo o primeiro positivo da mesma, procedente dunha viaxe a África.

O titular da Xunta espera que entre a tarde deste venres e a mañá deste sábado pódense ter os resultados que confirmen se os dez casos en estudo corresponden ou non á variante ómicron.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...