InicioSociedadeA presión hospitalaria segue a aumentar na área de Vigo, con catro...

A presión hospitalaria segue a aumentar na área de Vigo, con catro ingresados máis

Vigo continúa á cabeza no incremento de infeccións activas de Covid.

PUBLICADO O

Galicia supera os 10.200 casos de Covid-19 ao situarse con 10.204, que supoñen 640 máis que a xornada anterior, tras dispararse os novos contaxios a 1.034 –implican 223 máis–, mentres que os pacientes ingresados por este coronavirus aumentan lixeiramente a 256 –cinco máis–. Pola súa banda, a taxa de positividade repunta a un 13,7 por cento no conxunto da Comunidade galega.

Segundo os datos publicados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, aumentan a 37 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –dúas máis– e a 219 as hospitalizadas noutras unidades –tres máis--, mentres que 9.948 pacientes atópanse en seguimento nos seus domicilios.

A presión hospitalaria aumenta lixeiramente en tres das sete –Vigo, Lugo e Ferrol–, alíviase en dous –A Coruña-Cee e Santiago-Barbanza–, mentres que se mantén na de Pontevedra-O Salnés e permanece sen cambios na de Ourense, con sete pacientes Covid en UCI e 62 noutras unidades de hospitalización.

No caso da área de Vigo aumentan a 16 os pacientes Covid en críticos –un máis– e a 63 os ingresados noutras unidades –tres máis–; mentres que na de Lugo seguen catro en UCI e soben a 12 os hospitalizados noutras unidades –dúas máis–.

A área de Ferrol continúa sen pacientes Covid en UCI e rexistra 18 noutras unidades –dúas máis–, e na de Pontevedra e O Salnés increméntanse a tres os críticos –un máis–, pero descenden a 35 os ingresados noutras unidades –un menos–.

Pola súa banda, a área de Santiago e Barbanza segue con tres pacientes Covid en UCI e descenden a nove os ingresados noutras unidades –dúas menos–; mentres que na da Coruña e Cee continúan catro en críticos e baixan a 20 os doutras unidades –un menos–.

MÁIS DE 10.200 CASOS

Os casos activos de Covid-19 aumentan a 10.204 no final da ponte de decembro, que representan 640 máis que a xornada anterior, ao haber de novo máis contaxios (1.034) que altas (394).

As infeccións activas aumentan en todas as áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+255), seguida da Pontevedra e O Salnés (+143), Ourense (+112), A Coruña e Cee (+59), Santiago e Barbanza (+36), Ferrol (+23) e Lugo (+12).

Deste xeito, con máis casos activos segue a área de Vigo, con 3.135; seguida da de Ourense, con 2.498; Pontevedra e O Salnés, con 1.394; A Coruña e Cee, con 1.367 ; Lugo, con 696; Santiago e O Barbanza, con 682; e á cola mantense a de Ferrol, con 432.

Segundo os último datos actualizados polo Ministerio de Sanidade na tarde do pasado martes 7, Galicia conta cunha taxa a 14 días de 330,7 casos por 100.000 habitantes, polo que segue a incidencia por encima da media de España, que está en 290,1.

CONTAXIOS DISPARADOS

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 disparáronse por encima do milleiro ata os 1.034, que supoñen 223 máis que os 811 deste mércores, tras situarse en 668 o martes e comezar a semana con 697. O xoves da semana pasada detectáronse 780.

Así, as persoas contaxiadas en Galicia desde o inicio desta pandemia ascenden a 197.204, das que 45.222 corresponden á área da Coruña e Cee; 41.839 á de Vigo; 28.138, á de Santiago e O Barbanza; 25.401, á de Ourense; 23.217, á de Pontevedra e O Salnés; 21.100, á de Lugo; e 12.287, á de Ferrol.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade, desde o inicio desta crise sanitaria efectuáronse 3.065.157 PCR, que repreentan 8.019 máis que as rexistradas ata a xornada anterior.

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test–, repuntou ao 13,73 por cento, tras situarse no 11,76% o mércores, descender ao 9,7% o martes e comezar esta semana nun 10,6%. Por iso, mantense por encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...