InicioSucesosDetidos tres rapaces de 18 e 19 anos por dar unha malleira...

Detidos tres rapaces de 18 e 19 anos por dar unha malleira a outro

A Policía Local detivo a outro mozo por ameazas tras atendelo cando se atopaba inconsciente.

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo informou da detención de dous mozos de 18 anos e un de 19 por dar unha malleira a outro na Rúa Areal da cidade olívica. Os feitos remóntanse á madrugada do pasado día 4, aproximadamente ás 1,45 horas, cando un mozo, que responde as siglas G. M. G, de Vigo e de 20 anos de idade, estaba con dúas amigas nun local da Rúa Areal.

Nun momento dado, iniciou unha discusión con outro mozo que se atopaba no interior do mesmo local, discusión que se trasladou ao exterior. A disputa derivou, segundo relata a Policía Local, en agresión, uníndose dous mozos, do grupo do mozo co que discutía inicialmente, e que lle propinaron puñadas ata que lograron facerlle caer ao chan, momento no cal un pateoulle o rostro.

Ao decatarse da presenza dunha patrulla, o mozo agredido dirixiuse aos axentes solicitándolles auxilio. Eles puideron comprobar como sangraba polo nariz presentando un corte á beira do ollo dereito, mentres que sinalaba a dirección na que se atopaban os seus agresores.

Os axentes observaron que entre os aludidos, un deles estaba a ser retido, tratando de dirixirse novamente en dirección ao mozo agredido. Ao decatarse da presenza da unidade, trataron de abandonar o lugar, aínda que foron interceptados á carreira polos membros da dotación.

DELITO DE LESIÓNS

En primeira instancia, procederon á identificación dos supostos agresores sendo estes ; A. B. V, de Vigo e 19 anos de idade, A. B. V, de Vigo e 18 anos de idade e o seu irmán A. B. V, de Vigo e tamén 18 anos de idade.

O primeiro dos tres, negaba os feitos, indicando que se limitou meramente a separar, mostrando claros indicios de ser o agresor e causante das lesións. A maiores, as testemuñas identificárono plenamente como o autor directo da agresión, á que se sumaron os outros dous mozos.

Os Axentes solicitaron unha ambulancia para atender ao ferido, en espera da cal, o primeiro identificado comezou a autolesionarse golpeándose na tempa.

Unha vez os servizos sanitarios no lugar, indicaron que o mozo presentaba unha máis que probable fractura dos ósos propios do nariz, que requiría puntos de sutura, polo que foi evacuado ao hospital Álvaro Cunqueiro para ser avaliado e asistido.

Por estes feitos procederon á Detención dos tres novos pola suposta Comisión dun Delito de Lesións. Unha vez no centro médico, novamente o primeiro do grupo dos tres, volveu a autolesionarse propinándose un cabezazo contra a padiola, aínda que este xesto foi observado pola facultativa médica de garda que lle atendía.

DETIDO POR AMEAZAS

Aos poucos minutos do mesmo día, en concreto ás 1,59 horas, outra patrulla da Policía Local de Vigo, recibiu aviso da Sala Operativa do 092, para trasladarse á rúa Antonio Elio de Nebrija. Unha vez no lugar, atenderon a un home que estaba tombado e que non reaccionaba a estímulos.

Os axentes lograron espertarlle, observando como trataba de levantarse, pero non logrando manter a verticalidade.

Ao moverse caéuselle un dispositivo móbil, que non estaba bloqueado, observando que na pantalla de marcación rápida, aparecía o nome da súa nai, contactando telefonicamente coa aludida, para pescudar os seus datos.

A mencionada informoulles de que se trataba de J. Q. D. H, de Venezuela e 17 anos de idade, informado que estaba emancipado, e vivindo nun piso compartido.

Solicitaron unha ambulancia, para a súa asistencia, comezando o individuo a ameazar aos axentes de gravidade. Unha vez a ambulancia no lugar, os técnicos sanitarios tentaron introducilo no vehículo lográndoo con dificultade.

Neste momento, solicitáronlle os seus datos, dando uns que non se correspondía cos achegados pola súa nai, e baixando ao instante da ambulancia. Os axentes trataron de convencerlle para que permitise a servizos médicos atenderlle e avaliarlle, comezando a bracear a empuxar a un deles e a ameazarlles novamente de gravidade.

Os axentes trataron de tranquilizalo, aínda que, cada vez mostrábase máis agresivo, véndose na obrigación de inmobilizalo, e tendo finalmente que proceder á súa detención por un delito de atentado, desobediencia e ameazas.

Foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro debido a que, polo seu estado e para tratarlle, era necesario efectuar unha análise de sangue e de ouriños, quedando custodiado.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...