InicioSociedadeA Xunta, "preocupada" pola "exclusión" do AVE por Cerdedo nos plans de...

A Xunta, “preocupada” pola “exclusión” do AVE por Cerdedo nos plans de Adif, reclama prazos concretos

As declaracións de Ethel Vázquez chegan pouco despois de que Abel Caballero afirmase que se non figura no documento é porque "só están os proxectos que están en fase de estudo informativo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia trasladou este venres a súa “preocupación” porque o AVE directo Vigo-Ourense-Madrid pola variante de Cerdedo non figura na relación de actuacións prioritarias recollidas na Estratexia Indicativa de Adif para o período 2021-2026, e reclamou ao Goberno central que impulse este trazado e concrete un cronograma.

En declaracións remitidas aos medios, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, afirmou que os responsables autonómicos están “enormemente preocupados” porque a variante de Cerdedo “está excluída” das actuacións de Adif para os próximos anos, e nos Orzamentos Xerais do Estado para 2022 figura “unha partida insignificante, de 200.000 euros, e sen planificación futura”.

“Constatamos que o Goberno de España eliminouno da súa planificación, e na Xunta non podemos estar de acordo”, afirmou Ethel Vázquez, que reclamou ao Goberno central e ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana en particular que impulsen ese trazado e que informe sobre “un cronograma e un horizonte concreto”.

Por outra banda, a conselleira lembrou que a posible alternativa, a vía do Miño, presenta “unhas deficiencias tremendas” e advertiu de que “os vigueses necesitan unha conexión competitiva e acorde co século XXI” para desprazarse en tren á Meseta.

Estas palabras de Ethel Vázquez chegan horas despois de que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantise que esa obra se vai a facer, xa que é “unha prioridade” do Goberno de España. Segundo o alcalde, se a variante de Cerdedo non figura na Estratexia Indicativa de Adif é porque nese documento “só están os proxectos que están en fase de estudo informativo” e a variante estará nesa fase “en breve”.

 

ÚLTIMAS

Detidas dúas mulleres en Redondela tras ser interceptadas nun coche roubado

Axentes da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional detiveron a pasada madrugada...

SOS Sanidade Pública sinala ao Álvaro Cunqueiro como a “zona cero” dos recortes

A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo animou este venres a participar na manifestación...

O BNG esixe suspender a nova licitación do bus en Vigo para evitar unha “hipoteca” de nove anos

O Pleno do Concello de Vigo debaterá o vindeiro luns unha moción do BNG...

A Garda Civil investiga a unha veciña de Baiona por explotar e ameazar a mulleres estranxeiras “sen papeis”

A Garda Civil investiga a unha muller residente en Baiona (Pontevedra) como presunta autora...