InicioCulturaO PCG celebra o centenario do partido con poesía e escultura para...

O PCG celebra o centenario do partido con poesía e escultura para visibilizar as violencias machistas

Celebraron o recital de poesía feminista "Con voz de muller" acompañado por unha exposición coas esculturas de Xavier Costa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Co gallo da celebración do pasado 25 de novembro e no marco de celebracións polo centenario do Partido Comunista de España, o Partido Comunista de Galicia vén de organizar “Con Voz de Muller”, un recital de poesía feminista que tivo lugar no Edificio Redeiras. Ao recital acompañouno “Bernarda Espida, as loitas dunha galega universal”, unha exposición escultórica que pode contemplarse no mesmo edificio. O obxectivo: facer visibles as violencias machistas.

No acto léronse poemas de Alfonsina Storni, Sor Juana Inés da Cruz ou Gloria Fuertes, xunto a poemas da propia Dania D’Afonso e da nova poeta ourensá Antía Balvís. Durante a presentación -que se desenvolveu entre as esculturas de Xavier Costa-, o PCG quixo facer mención especial á recentemente falecida Almudena Grandes, intelectual defensora da memoria e do feminismo.

O acto enmárcase no calendario de celebracións polo centenario do Partido Comunista de España, que, como comentou Nuria Andión, Secretaria Política do Comité Comarcal de Vigo do PCG, “leva loitando polos dereitos das mulleres e o feminismo dende a súa orixe, a través de valentes dirixentes femininas coma Cuca Tovar, Mercedes Núñez ou a Pasionaria, que xunto a moitas outras son referentes para nós”.

Para Lucía Gutiérrez, Responsable Nacional de Feminismo do Partido Comunista de Galicia, “as mulleres temos que facer fronte á violencia machista directa do noso entorno, pero tamén ao patriarcado que domina a xudicatura”. Para Gutiérrez, que presentou o acto, “hai que respostar con rotundidade contra sentencias que deixan desprotexidas ás mulleres como as que recibiron Juana Rivas ou María Sevilla, poñendo en grave perigo aos nosos fillos e fillas”.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...