InicioSucesosA Policía intercepta a unha parella que marchara dun restaurante sen pagar...

A Policía intercepta a unha parella que marchara dun restaurante sen pagar “porque ela se atopaba mal”

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo tivo que saír este domingo na procura dunha parella que ceara nun restaurante do Casco Vello, marchándose sen abonar a conta. Facilitáronselle datos das características físicas destas persoas, así como da roupa que vestían.

Unha hora máis tarde, ambos foron vistos cando entraban nun coñecido local de copas da zona do Arenal. Foron requiridos, tratándose dun varón de 33 anos e unha muller de 29, ambos españois e veciños doutra Comunidade Autónoma.

Recoñeceron que efectivamente estiveron ceando no Casco Vello e debido a que ela se atopaba mal, marcháronse do local sen pagar; aínda que manifestaron que tiñan toda a intención de volver para abonar a conta.

O importe do consumido superaba os cen euros, e entre as viandas que degustaran se atopaban camaróns, polbo e carne especial de boi; todo iso acompañado de viño albariño. Os requiridos abonaron o importe da factura, que foi entregado á responsable do restaurante, quen nun principio declinou presentar denuncia.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...