InicioEconomíaPersoal de Ilunion denuncia as súas condicións de "explotación" e "precariedade" na...

Persoal de Ilunion denuncia as súas condicións de “explotación” e “precariedade” na automoción

Denuncian "a falta de formación obrigatoria", algo "especialmente grave" ao tratarse de persoas con capacidades especiais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Persoal de Ilunion Servizos Industriais Galicia, centro especial de emprego do grupo ONCE, concentrouse este xoves ás portas da planta do grupo Stellantis en Vigo, nunha convocatoria realizada pola CIG, para denunciar as súas condicións de “explotación” e “precariedade” laboral no sector da automoción.

O acto deste xoves enmárcase nunha campaña de mobilizacións iniciada o pasado 28 de outubro cunha concentración ante a sede do ONCE na cidade olívica e coa que os operarios queren denunciar os “altos ritmos de traballo aos que están sometidos”, así como “a falta de formación obrigatoria”, algo “especialmente grave” ao tratarse de persoas con capacidades especiais.

O sindicato CIG sinalou que os 620 traballadores e traballadoras de Ilunion que prestan servizo en centros como o de Stellantis, o de Benteler, Lear ou Denso, cobran o salario mínimo interprofesional e padecen altos ritmos de traballo sen ter unha formación adecuada ás súas capacidades, tanto psíquicas como físicas.

A central reclama que se lles aplique o convenio colectivo do sector no que traballan para pór “freo” aos “abusos” que sofren, e lamentou que este tipo de contratos é unha ferramenta “do capital” para empeorar aínda máis as condicións laborais dos traballadores, mentres incrementan os seus beneficios grazas á “escravitude laboral”.

Segundo apuntou a CIG, máis de dúas terceiras partes dos contratos a persoas con capacidades especiais fanse a través de centros especiais de emprego, e están maioritariamente asociados a tarefas pouco cualificadas. Deste xeito, no canto de ser unha porta de acceso ao mercado laboral, estes centros ofrecen “precariedade subvencionada”.

“Ofrecen man de obra barata, o que lles permite obter un lucro inmoral, vulnerando o principio de igualdade entre as personas traballadoras e desvirtuando o papel destes centros como facilitadores da integración laboral”, concluíu o sindicato nacionalista.

ÚLTIMAS

Ferida unha muller tras producirse un desprendemento de terra no paseo de Bouzas, en Vigo

Unha muller resultou ferida na mañá deste martes tras producirse un desprendemento de terra...

Así se vivirá o papel da muller na ciencia na UVigo durante todo este mes

Co obxectivo de pór en valor o papel das científicas e de fomentar as...

A Xunta asinará o convenio da ETEA a semana que vén con críticas a Caballero por “oito meses de atraso”

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, celebrou que a...

Mos decreta tres días de loito oficial polo crime machista de Sanguiñeda

O Concello de Mos decretou tres días de loito oficial polo crime da muller...