InicioPolíticaEn Vigo, o cabeza de cartel é Abel Caballero: "Viva o indie,...

En Vigo, o cabeza de cartel é Abel Caballero: “Viva o indie, viva o rock independente!”

PUBLICADO O

Zoé e Dorian protagonizaron un colorido concerto esta noite de venres. Pero xurdiu un problema. Entre unha banda e outra, pasou sobre media hora e o público, nun auditorio medio cheo e que xa tivera polo xeral unha resposta algo tibia aos mexicanos Zoé, agardaba a Dorian en estado catatónico. Mentres, unha morea de técnicos ía e venía.

Pero as tornas cambiaron cando, sen previo aviso e sen necesidade de presentarse a si mesmo, apareceu o “pluriempregado” rexedor da cidade, alcalde 24 Horas e “showman” cando a ocasión o precisa. Amosou se cadra menos vergoña que os músicos ao subirse ao escenario, e aparecer el mais a euforia do público foron un.

Público concerto de Castrelos/ Miguel Núñez

O respectable agardaba os seus grandes éxitos, e Caballero tocou o seu “Mellor do mundo”, alegando que un dos grupos do día, nas probas de son, lle dixo que era “o mellor auditorio do mundo”, ao que engadiu o alcalde que “Castrelos é a esencia da música, en plena natureza”.

Abel chamou a Vigo a liderar Galicia. El, dende logo, xa lidera as masas. Declarou aos presentes que mentres paseaba polo auditorio unha muller lle dixo que “como non subía ao escenario, que o botaba en falta”.

Xa aparecera no concerto de Maná demostrando as súas dotes coas multitudes. Se cadra, o discurso- espectáculo do alcalde forma xa parte do encanto das festas e concertos da cidade olívica.

Abel Caballero, no concerto de Dorian/ Miguel Núñez

Sobre estas festas, celebrou Caballero que estamos aínda “chegando ao ecuador”. Por último, ensalzou o gusto musical dos vigueses, como os “maiores expertos” do rock independente e o “indie”, estilos que exaltou ao grito de “Viva o indie, viva o rock independente, viva Vigo”, ante a incredulidade dos presentes.

Dende logo, Caballero ten un as na manga. Non cabe a posibilidade de concerto esquecible ou aburrido no seu programa de festas: basta con que saia 5 minutos a levantar o auditorio e facer que pague a pena a entrada para máis dun.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...