InicioSociedadeSociedade Española de Calidade Asistencial certifica o manexo dunha patoloxía no servizo...

Sociedade Española de Calidade Asistencial certifica o manexo dunha patoloxía no servizo de Reumatoloxía do Chuvi

Trátase da a espondilartritis axial, que afecta o esqueleto axial.

PUBLICADO O

Sociedade Española de Calidade Asistencial (SECA) outorgou unha certificación avanzada ao servizo de Reumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo no manexo dunha patoloxía inflamatoria reumática crónica que afecta o esqueleto axial, a espondilartritis axial.

Deste xeito, o Chuvi converteuse nun dos sete primeiros hospitais en contar con esta acreditación a nivel nacional, segundo detalla a xerencia da área Sanitaria de Vigo. Este certificado avala o cumprimento parámetros como os tempos de atención e espera diagnóstica.

En concreto, a vicepresidenta da entidade, Dolores Vila, entregou a certificación ao xefe do servizo, Ceferino Barbazán, e a reumatóloga Nair Pérez, nun acto presidido polo xerente da área Sanitaria de Vigo, Javier Ponte, no Hospital Meixoeiro da cidade olívica.

O xefe de servizo de Reumatoloxía do Chuvi explicou que nos últimos tempos desenvolvéronse, xunto a Atención Primaria, estratexias como “unha nova vía de derivación preferente cos médicos de Familia” e a teleconsulta, que mellorou a atención aos pacientes, en especial na axilidade de resposta e os tempos de espera para o diagnóstico.

“Esta acreditación é un recoñecemento a ese traballo, que garante que cumprimos cuns requisitos de calidade avanzados na abordaxe destas enfermidades”, resaltou Ceferino Barbazán.

Mediante este programa de certificación búscase impulsar a mellora continua da calidade asistencial na atención a pacientes con espondilartritis axial. Os centros sanitarios que se adhiren a este programa poden optar a tres niveles de certificación diferentes, de acordo co cumprimento dos estándares esixidos.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...