InicioSociedadeEspecialistas de toda España participan en Vigo nun curso para actualizar coñecementos...

Especialistas de toda España participan en Vigo nun curso para actualizar coñecementos de trombosis e hemostasia

O curso busca analizar causas e novos tratamentos, segundo o Sergas.

PUBLICADO O

Especialistas de toda España participarán durante este venres e este sábado en Vigo nun curso para actualizar coñecementos na área de trombosis e hemostasia, un conxunto mecanismos aptos para a detención de hemorraxias.

O XVI Curso de formación continuada que organiza a Sociedade Española de Trombosis e Hemostasia conta con colaboración da área sanitaria de Vigo e busca actualizar coñecementos para analizar causas e novos tratamentos, segundo detalla o Servizo Galego de Saúde (Sergas). Así, o presidente da sociedade española da área, José Antonio Páramo, impartirá un relatorio sobre a resposta inflamatoria e fenotipos pretrombóticos.

Así mesmo, a apertura do curso contará coa participación da xefa do servizo na área de Vigo, Carmen Albo, tras o que dous hematólogos, Manuel Rodríguez e Elsa López, impartirán varios relatorios. En concreto, o facultativo Manuel Rodríguez moderará o apartado ‘Coagulopatías congénitas e adquiridas’, mentres a intervención da doutora López Ansoar centrarase no diagnóstico da enfermidade de Von Willebrand.

Deste xeito, xunto ao apartado anterior, abordaranse avances en fisiopatoloxía cardiovascular, patoloxía da hemostasia na muller e o neno, trombosis e tratamentos antitrombóticos e novidades sobre inflamación e trombosis.

A doutora Carmen Albo considerou unha “boa noticia” a selección de Vigo para celebrar este encontro de actualización de procedementos, xa que “pon de manifesto o importante nivel que se ten aí no referido a estas especialidades”.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...