InicioSociedadeO Extra do 11/11 da ONCE deixa un millón de euros en...

O Extra do 11/11 da ONCE deixa un millón de euros en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sorteo Extraordinario do 11/11 da ONCE deixou un millón de euros no municipio de Vigo no sorteo celebrado na noite deste pasado xoves.

Segundo informou o ONCE, o vendedor Miguel Ángel Álvarez Dasilva levou a ilusión do 11/11 da ONCE a Vigo, onde vendeu un cupón premiado con ese millón de euros. O Sorteo Extraordinario do 11/11 da ONCE deixou o seu premio maior, de 11 millóns de euros en Granada, de mans de Juan Carlos Montalbán quen destacou: “É que pensei que podía dar o premio”.

“Esta mañá pedinllo ao señor e á miña nai que está no ceo, que tiña que dar un premio para que os clientes estivesen contentos. Pero tanto non, non pensaba que fóra a ser o gordo dos 11 millóns”, afirmou. Ademais, o Extras do 11/11 da ONCE deixou tres premios dun millón en Murcia, Badaxoz e Siero (Asturias).

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...