InicioPolíticaO Concello vigués considera a presentación do futuro centro de saúde de...

O Concello vigués considera a presentación do futuro centro de saúde de Bouzas “un engano do PP”

PUBLICADO O

Carlos López Font, portavoz do grupo socialista no concello de Vigo e man dereita de Abel Caballero, vén de declarar a “tomadura de pelo” con respecto ao centro de saúde de Bouzas, despois da presentación do plan funcional deste futuro centro por parte da Xunta.

Considera un “engano” que “7 anos despois, a Xunta presente un novo papel sobre o centro de saúde de Bouzas sen ter consignado un euro nos orzamentos. Todos os días desvíase xente a outros centros de Saúde”.

“Porque hai que recordar que o goberno de Vigo cedeu os terreos xa fai 9 anos e mentres, a día de hoxe, os veciños teñen que desprazarse a outros centros”, denuncia Font.

cando os incendios, “a xunta non enviou a máis mínima axuda”

Ademais, no tocante ao asunto dos incendios, alegou que “é un insulto e un sarcasmo que o partido popular fale dos incendios”.

“Vigo, tralos incendios do ano pasado, é a única cidade de Galicia que puxo en marcha un anel verde para protexerse. Un proceso no que están implicadas todas as comunidades de montes, e 28 operarios que levan meses traballando, grazas a un plan de emprego do concello, polo que estamos dando unha atención total”, manifestou.

Polo tanto, segundo defenden os socialistas, “é un insulto que o PP veña a repocharnos algo sobre incendios, porque en outubro do ano pasado, nesas horas dramáticas nas que os servizos de urxencia de Vigo e os vigueses botáronse á rúa, a Xunta non enviou a máis mínima axuda. Iso si, ao revés, Vigo prestou dotacións a concellos veciños”.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...