InicioSociedadeArquivan a causa dos supostos abusos sexuis do exdirector do Colexio Labor...

Arquivan a causa dos supostos abusos sexuis do exdirector do Colexio Labor por prescrición do delito

A maxistrada empraza á Unidade de Familia e Atención á Muller da Policía Nacional co fin de que tomen as medidas oportunas para protexer aos menores dese colexio.

PUBLICADO O

A xuíza de instrución número 7 de Vigo ditou auto no que acorda o arquivo da causa por supostos abusos sexuais labores por quen foi director do Colexio Labor de Vigo, Sergio S.C., dado que os feitos denunciados producíronse, como moi tarde, en 2010, e o delito estaría prescrito.

No entanto, a maxistrada acordou dar traslado á Unidade de Familia e Atención á Muller (UFAM) da Policía Nacional co fin de que tomen as medidas oportunas para protexer aos menores dese colexio, pola existencia de “unha pluradlidade de mulleres afectadas” e tendo en conta que Sergio S.C. “puidese seguir formando parte” do equipo directivo do centro.

As denuncias presentáronse despois de que a artista Lolita Watson fixese públicos en redes sociais supostos episodios de abusos sexuais por parte do director do colexio cando ela tiña uns 10 anos. A partir dese momento, outras mulleres sumáronse ás denuncias públicas e, ademais de pór os feitos en coñecemento do xulgado, iniciaron unha campaña en change.org para que o Concello de Vigo retirase ao centro o recoñecemento de ‘Vigués Distinguido’.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...