InicioSociedadeFerido grave un mozo de 18 anos ao impactar contra un autobús...

Ferido grave un mozo de 18 anos ao impactar contra un autobús cando circulaba en bicicleta

O rapaz permanece ingresado no hospital Povisa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo de 18 anos resultou ferido de gravidade ao impactar contra un autobús urbano cando circulaba en bicicleta polo centro da cidade de Vigo. Segundo informou a Policía Local de Vigo, o accidente produciuse ás 22,15 horas da noite do pasado domingo na confluencia entre as rúas Baixada Ponte Nova e Fonte Santa.

O ciclista impactou contra o autobús cando descendía por Baixada Ponte Nova e o vehículo viraba cara á rúa Fonte Santa. O mozo, de 18 anos, foi evacuado en ambulancia ao hospital Povisa, onde ingresou en estado grave, como apunta a Policía Local da cidade olívica.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...