InicioEconomíaNova parada na planta de Stellantis pola falta de aprovisionamentos

Nova parada na planta de Stellantis pola falta de aprovisionamentos

A previsión é renovar a actividade o xoves.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta do grupo Stellantis en Vigo volve paralizar a súa produción de forma parcial debido á falta de aprovisionamentos derivada da crise global dos microchips, segundo trasladaron fontes da empresa ao persoal.

Así, a dirección da factoría informou da suspensión de actividade na cuarta quenda do sistema 1 (o que monta o Peugeot 2008, o Peugeot 301 e o C-Elysée) este luns, e en todas as quendas dese mesmo sistema deste martes a este mércores, 2 e 3de novembro. A previsión é renovar a actividade na quenda de mañá do xoves.

Os problemas de falta de microcomponentes obrigaron á fábrica viguesa a suspender a súa produción en numerosas ocasións ao longo dos últimos meses e a eliminar de forma temporal a quenda de fin de semana do sistema 2 (o que monta as furgonetas e monovolúmenes).

De feito, o persoal está afectada por un ERTE aprobado a finais de marzo pasado para afrontar esa continxencia e o propio director da fábrica, Ignacio Bo, admitiu hai uns días que “con toda seguridade” haberá que negociar outro expediente de regulación de emprego para o ano 2022.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...