InicioSociedadePiden un ano de prisión para un vigués ao que lle interviñeron...

Piden un ano de prisión para un vigués ao que lle interviñeron máis de 3.000 imaxes e vídeos de pornografía infantil

Non quedou acreditado que o procesado difundise as imaxes do seu portátil ou do seu teléfono.

PUBLICADO O

Un veciño de Vigo enfróntase a unha pena dun ano de prisión como presunto autor dun delito de posesión de pornografía infantil, despois de que lle fosen intervidos un computador portátil e un teléfono móbil nos que almacenaban un total de 3.047 arquivos de imaxe e vídeo de contido pornográfico con nenos menores de 13 anos.

O home, que xa foi condenado anteriormente por posesión de material pornográfico infantil, será xulgado este xoves na sala do Penal número 2 de Vigo. Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, o procesado creou unha conta de correo eléctrónico que usou en abril de 2019 para descargar un arquivo de imaxe, na que podía verse a unha nena mostrando os seus xenitais.

En xuño de 2020, previa autorización xudicial, procedeuse á entrada e rexistro do seu domicilio, onde se lle interviñeron un computador portátil e un teléfono móbil. As análises periciais realizados con respecto ao computador desvelaron que tiña arquivados 1.879 arquivos de imaxe e vídeo nos que se vía a nenos e nenas menores de 13 anos mostrando as súas partes íntimas e participando en actos de carácter sexual explícito, como felacións e penetracións, con outros menores ou con adultos.

Así mesmo, as análises do teléfono móbil puxeron ao descuberto outros 1.168 arquivos, tamén con contido pornográfico con nenos e nenas menores de 13 anos. En todo caso, non quedou acreditado que o procesado difundise as imaxes do seu portátil ou do seu teléfono.

Por estes feitos, a Fiscalía pide que se condene ao acusado a un ano de cárcere como autor dun delito de posesión de pornografía infantil, e que se lle aplique a agravante de reincidencia. Tamén reclama que sexa inhabilitado para exercer calquera profesión ou oficio no que poida haber contacto con menores, durante un período superior en 5 anos á pena de prisión que se lle impoña.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...