Rouba unha furgoneta e días despois é detido tras fuxir dun accidente, sen carné, ebrio e drogado

Poli
Policia municipal/ Miguel Nuñez

A Policía Local de Vigo vén de deter a un home tras roubar unha furgoneta, verse implicado nun accidente con ela, darse á fuga e ademais dar positivo en cocaína e superar con creces a taxa de alcoholemia.

Ás 23:35 horas deste luns, axentes da Policía Local recibiron un aviso da Central, advertindo de que na Avda.Arquitecto Antonio Palacios o propietario dunha furgoneta, da cal facilitou marca, modelo e matrícula, requiría os servizos policiais.

“Dábase a circunstancia de que na mesma tarde do día 23, un vehículo -furgoneta- cuxos datos coincidían cos que estaban facilitando, tivera un accidente. Concretamente nunha colisión ocorrida ás 19:30 horas na confluencia da Avda. Alcalde Portanet con Avd. De Castrelos.

Na accidente en cuestión, o outro vehículo implicado foi un turismo, que era
conducido por un varón que resultou ferido leve. Á chegada de patrulla ao lugar, a furgoneta e quen a conducía marchara, estando unicamente alí o outro condutor.

Situándonos novamente no requirimento realizado ás 23:35 horas e segundo
parece, o propietario da furgoneta denunciara o roubo da mesma en días
anteriores ao dos feitos.

Atopándose polo lugar observouna circulando, e estaba utilizando para iso unha moto, procedendo a requirir os servizos policiais. Os axentes que se fixeron cargo da intervención, observaron a furgoneta referida na zona descrita (Castrelos- Arquitecto Palacios), conectaron os dispositivos acústicos e luminosos e déronlle o alto, deténdose o condutor.

Identificado resultou ser o arriba referido J.L.M., quen presentaba claros e evidentes síntomas de inxerir bebidas alcohólicas en doses excesivas. Insistiu en repetidas ocasións en que non subtraera a furgoneta, alegando que lla regalaron. O vehículo levaba as chaves postas.

O requirente do servizo e propietario, alegou realizar a denuncia de roubo facía uns días. No interior da furgoneta atopábanse varios bidóns de plástico e unha mangueira, que segundo o denunciante, non eran da súa propiedade. Nun momento da intervención, J.L.M. manifestou carecer de calquera tipo de permiso ou licenza para condución.

Tras someterse á proba de alcoholemia, a mesma arroxou un resultado positivo. Igualmente someteuse á proba de detección de drogas, estupefacientes ou sustancias psicotrópicas, que arroxou tamén resultado positivo en cocaína. Os feitos descritos determinaron a detención de J.L.M.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here