InicioEconomíaRexeitamento ante o novo ERTE anunciado por Citroën ao tempo que recibe...

Rexeitamento ante o novo ERTE anunciado por Citroën ao tempo que recibe axudas públicas para adaptar a fábrica

A CUT censura ademais que o anunciaran sen terllo comunicado primeiro á representación sindical.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cun ERTE xudicializado e aínda en vigor, denuncia a Sección Sindical da CUT en Citroën, a empresa expón a “necesidade” dun novo ERTE. Algo que o sindicato considera unha falta de respecto debido a que o actual “deixou sen cobertura a boa parte da plantilla” e porque o novo anunciado prodúcese “coincidindo coa presentación das axudas públicas que vai recibir para o proxecto Facendo 4.0“, ademais de anunciar dita necesidade sen terllo comunicado á representación sindical”.

A CUT censura que a Xunta reparta cartos públicos “sen compromisos de emprego ou mellora das condicións laborais, sociais e económicas das persoas traballadoras”. E pregúntase, así mesmo, porqué a empresa precisa de cartos públicos se no 2020 tiveron 2.173 millóns de beneficios e no primeiro semestre deste ano 6.926 millóns de euros.

Desta forma, o sindicato reproba estas axudas que servirán só para “adaptar a fábrica para o futuro”, só útiles dende o “punto de vista do útil industrial”, que en nada repercuten nas persoas traballadoras e na “sociedade en xeral”.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...