InicioSociedadeAbel Caballero, entre os rexedores galegos que maior soldo perciben

Abel Caballero, entre os rexedores galegos que maior soldo perciben

O alcalde de Vigo cobrou 70.775 euros no ano 2020.

PUBLICADO O

Ministerio de Facenda fixo públicos os soldos dos rexedores galegos en 2020, un ano no que os alcaldes de Pontevedra e Vigo, Miguel Anxo Fernández Lores (72.566 euros) e Abel Caballero (70.775 euros), perciben as maiores cantidades. Pola súa banda, unha ducia de rexedores de pequenos municipios non cobran polo seu posto, mentres hai 39 concellos que non ofrecen datos.

Entre as sete cidades, tras Pontevedra e Vigo, a orde de maior a menor é: Ourense, Gonzalo Pérez Jácome (69.926 euros); A Coruña, Inés Rey (69.218 euros); Lugo, Lara Méndez (68.361 euros); Santiago, Xosé Sánchez Bugallo (52.020 euros); e Ferrol, Ángel Mato (40.000 euros).

Máis aló das sete cidades, hai 11 alcaldes que perciben máis de 50.000 euros, é dicir, todos cobran máis que o rexedor de Ferrol e algúns máis que o da capital de Galicia. Aquí atópanse: A Estrada, José López Campos (58.372 euros); Ribeira, Manuel Ruiz Rivas (56.733 euros); Culleredo, José Ramón Riobóo (56.178 euros); Arteixo, José Carlos Calvelo (56.100 euros); Narón, Marian Ferreiro (55.155 euros); Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán (54.127 euros); Lalín, José Crespo (53.521 euros); Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo (50.694 euros); Betanzos, María Barral (50.370 euros); O Grove, José Cacabelos (50.095 euros).

Aquí tamén aparece o municipio de Ames, onde estaba en 2020 como rexedor José Miñones (54.060 euros), antes de pasar a ser delegado do Goberno en 2021, substituído no bastón de mando municipal por Blas García. 

Mentres, os salarios dos presidentes das deputacións galegas son os seguintes: Pontevedra, Carmela Silva (77.696 euros); A Coruña, Valentín González Formoso (72.954 euros); Ourense, José Manuel Baltar (72.325 euros); e Lugo, José Tomé (68.914 euros), quen tamén percibe 7.700 euros polo seu posto de alcalde, segundo datos de Facenda.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...