InicioSociedadeMorre unha moza de 24 anos ingresada dende agosto por Covid e...

Morre unha moza de 24 anos ingresada dende agosto por Covid e outras “graves patoloxías”

A paciente deu negativo "hai tempo" polo que Sanidade non a inclúe entre as vítimas da pandemia.

PUBLICADO O

Unha moza ourensá de 24 anos de idade diagnosticada con Covid-19 e con outras “graves patoloxías” morreu na tarde-noite deste pasado xoves nun hospital de Vigo, pero comodera negativo días antes de falecer a Consellería de Sanidade non a inclúe entre as vítimas da pandemia en Galicia.

Segundo confirmaron fontes sanitarias, a nova diagnosticada con Covid morreu na tarde-noite deste 30 de setembro na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, na que permanecía desde o pasado mes de agosto.

Esta paciente fora trasladada o pasado mes de agosto desde o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ao hospital vigués. Fontes da Consellería de Sanidade puntualizaron que a moza dera negativo hai tempo.

As mesmas fontes de Sanidade indicaron que a nova, que fora derivada desde o Complexo Hospitalario de Ourense, “presentaba graves patoloxías xa no momento do seu ingreso”. Ademais, ratificaron que no transcurso da súa estancia na UCI a paciente era negativa, polo que Sanidade non a conta entre as vítimas covid, de incluíla sería a máis nova ata a data.

Ata o momento faleceron 2.638 persoas diagnosticadas con Covid-19 na Comunidade galega desde o inicio desta pandemia, xa que a morte desta paciente non se inclúe nos rexistros.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...