InicioSociedadeNovo paso na amizade entre Vila Nova de Cerveira e Tomiño cun...

Novo paso na amizade entre Vila Nova de Cerveira e Tomiño cun concurso de proxectos conxuntos

As iniciativas gañadoras contarán cun presuposto de 10.000, financiado pola UE.

PUBLICADO O

Tomiño e Vila Nova de Cerveira continúan avanzando na súa aposta por compartir cada vez máis servizos, proxectos e iniciativas conxuntas. O salón de plenos do Concello acolleu onte a presentación dunha nova edición dos Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT).

Á reunión asistiron vinte representantes de entidades e asociacións pertencentes a distintos eidos, procedentes dos dous municipios. O encontro, ao que asistiu a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o presidente da Cámara de Vila Nova de Cerveira, Joao Fernández Brito, serviu para levar a cabo un intercambio de ideas entre a administración, a veciñanza e as asociacións e presentar iniciativas sobre posibles proxectos conxuntos.

Xa está aberto o proceso para a presentación de propostas. Os interesados poden presentar as súas iniciativas ata o 22 de outubro, e as votacións celebraranse entre o 8 de novembro e o 16 de decembro. As persoas que queiran votar deberán ser maiores de idade e ser residentes en Tomiño ou en Vila Nova de Cerveira.

As propostas poden ser presentadas conxuntamente por persoas ou asociacións de calquera dos dous Concellos. Os dous proxectos ganadores contarán cunha financiación de 10.000 euros cada un. Todo o o proceso de candidaturas e votacións levarase a cabo a través da páxina web Participa Cerveira Tomiño.

Dotado con 20.000 euros, o Orzamento Participativo Transfronteirizo é unha das prioridades da Axenda Estratéxica de Amizade Cerveira-Tomiño, coa que se pretende potenciar a participación pública e o poder de decisión da cidadanía de ambas beiras do Miño.

Xa nas edicións anteriores a participación superou todas as expectativas. E agora espérase que a veciñanza volva a involucrarse na presentación de proxectos que propoñan solucións a problemas comúns de Tomiño e Vila Nova de Cerveira.

O OPT é un proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP de cooperación transfronteiriza a través de fondos FEDER da Unión Europea. A Axenda Estratéxica de Amizade Cerveira impulsa tamén iniciativas como a valedora do pobo transfronteiriza e accións para facilitar o uso compartido de servizos e a dinamización económica do territorio.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...