InicioSociedadeDetido por golpear á súa parella, da que ten unha orde de...

Detido por golpear á súa parella, da que ten unha orde de afastamento

Outro veciño da cidade foi arrestado por agredir á súa expareja

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, R.S.X., de 52 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia machista, e por incumprir unha orde de afastamento da súa parella.

Os feitos ocorreron na noite do sábado, cando unha persoa que se atopaba na terraza dunha cafetaría na Praza da Miñoca alertou a unha patrulla do 092 que circulaba pola zona. A testemuña explicou aos axentes de que un individuo que estaba na mesma terraza dera dúas labazadas a unha muller que se atopaba con el, e que ela se marchou a continuación.

Os axentes identificaron e interrogaron ao sospeitoso, que negou os feitos. Con todo, outro axente conseguiu localizar á muller e esta confirmou a agresión. Ademais, dáse a circunstancia de que o home ten en vigor unha orde xudicial que lle prohibe achegarse a menos de 100 metros da súa parella. Por estes feitos foi detido.

OUTRA DETENCIÓN

Por outra banda, a Policía Local de Vigo tamén informou da detención doutro veciño da cidade, D.R.V., de 43 anos, tamén como presunto autor dun delito de violencia machista.

Neste caso, os feitos ocorreron pasadas as 14,00 horas do domingo, nun domicilio do Camino de Soutelán. Alí presentouse unha patrulla alertada por varias testemuñas que escoitaran unha forte discusión, e atopouse cunha muller nerviosa e alterada.

A muller explicou que a súa exparella agarráraa polas bonecas e empurráraa contra unhas caixas, e confirmou que non era a primeira vez que a agredía. O home negou a agresión e asegurou que fora el o atacado, pero finalmente foi detido polos funcionarios.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...