InicioSucesosIdentificadas tres rapazas de 14 anos por furtar produtos cosméticos valorados en...

Identificadas tres rapazas de 14 anos por furtar produtos cosméticos valorados en máis de 1.300 euros

Cando os policías identificaron ás menores, levaban encima máis efectos posiblemente furtados.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron nas últimas horas a tres menores, todas de 14 anos de idade, como presuntas autoras de varios furtos en establecementos da cidade, de onde subtraeron, entre outros efectos, produtos cosméticos valorados en máis de 1.300 euros.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde deste mércores, cando o 092 recibiu un aviso para acudir a un comercio da rúa Príncipe, onde unha empregada de seguridade mantiña retidas ás tres novas tras sorprendelas (a través do circuíto de cámaras) furtando varios produtos.

Unha vez no lugar, os policías identificaron ás menores e comprobaron que subtraeran produtos cosméticos valorados en 1.386,87 euros. Ademais, as nenas levaban encima máis efectos, posiblemente furtados doutros establecementos, como bixutaría ou aveños de maquillaxe.

A Policía contactou cos proxenitores para que se fixesen cargo das súas fillas e puxo as dilixencias en coñecemento da Fiscalía de Menores de Pontevedra.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...