InicioPolíticaO PP marca como un dos obxectivos de cara ás municipais de...

O PP marca como un dos obxectivos de cara ás municipais de 2023 recuperar o goberno de Vigo

Alfonso Rueda di que tratarán de gobernar, ademais de en Vigo, en Pontevedra, Vilagarcía e na Deputación.

PUBLICADO O

Alfonso Rueda optará a revalidar o seu cargo como presidente provincial do Partido Popular en Pontevedra no congreso que se celebrará o próximo 18 de setembro e no que fixará como obxectivo as eleccións municipais do ano 2023,  nas que tratarán de recuperar os gobernos locais de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía e a Deputación.

“Non renunciamos a nada”, dixo sobre os 61 concellos da provincia, nun almorzo informativo cos medios de comunicación de Pontevedra, no que estivo acompañado polo presidente local do PP, Rafa Domínguez, e o secretario xeral do partido, José Manuel Cores Tourís.

Rueda asegurou que son “o partido con maior número de concellos e con máis concelleiros”. De face á próxima cita electoral, sinalou que queren “mellorar”. “E a iso ímonos a dedicar para recuperar tamén a Deputación”, sentenciou.

Alfonso Rueda, que é o único candidato a presidir o partido a nivel provincial, destacou o “intenso traballo de renovación” dos populares nos últimos anos e dixo estar orgulloso por conservar o partido unido ademais do traballo na captación de afiliados, máis de 1.500 novos na provincia, o que eleva a máis de 30.000 o número total. A terceira parte dos afiliados do PP son da provincia de Pontevedra.

Por outra banda, avanzou que haberá cambios no equipo que lle acompañará á fronte da executiva provincial. Entre outros, José Manuel Cores Tourís deixará de ser, tras cinco anos no cargo, o secretario xeral do Partido Popular na provincia para dedicarse a “recuperar O Salnés, comarca tradicionalmente do PP” na que, actualmente, só gobernan en dous dos seus nove municipios.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...