InicioSucesosDenunciado un condutor que circulaba ebrio e que se deu á fuga...

Denunciado un condutor que circulaba ebrio e que se deu á fuga tras chocar con varios coches aparcados

O vehículo carecía do seguro obrigatorio.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron e denunciaron a un condutor que circulaba nun vehículo sen seguro, baixo os efectos do alcol e que se deu á fuga tras impactar contra varios coches aparcados.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde do pasado domingo, cando unha patrulla que se atopaba facendo labores de control de tráfico recibiu un aviso sobre un accidente na rúa Paz. Tratábase dun vehículo que chocara contra outros dous coches estacionados, causándolles danos, e cuxo condutor se deu á fuga.

A Policía Local interceptou ao sospeitoso cando circulaba pola rúa Ourense e, ao darlle o alto, os axentes decatáronse de que presentaba síntomas de estar baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Este extremo confirmouse ao realizarlle as probas, que arroxaron un resultado de 1,12 e 1,15 mg/l.

Por estes feitos instruíronse dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria, así como polo feito de que o coche carecía do seguro obrigatorio, de maneira que foi inmobilizado polos axentes.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...