InicioVigo e contornaVigoRealidade aumentada para coñecer o fondo mariño da ría de Vigo

Realidade aumentada para coñecer o fondo mariño da ría de Vigo

O proxecto Subgo busca achegar ao público a riqueza mariña das costas galegas mediante o emprego desta tecnoloxía.

PUBLICADO O

Silvia Iglesias e Sara Carrasco, integrantes da cooperativa 13 grados, son as promotoras de Subgo, un proxecto de educación ambiental que pretende achegar ao público a riqueza submarina das costas galegas mediante realidade aumentada.

A iniciativa incluirá fotografías, ilustracións, actividades interactivas e a experiencia inmersiva en 360º polas paisaxes submarinas da ría de Vigo. “O obxectivo é que os visitantes descubran o medio mariño que os rodean e o seu gran valor patrimonial dunha forma diferente, concienciándoos sobre a súa conservación e sostibilidade”, sinala Iglesias.

Os fondos pouco profundos da ría de Vigo, as súas plataformas de cultivo ou os bosques de algas serán os grandes protagonistas destas imaxes, aínda que o propósito é que a inicativa poida expandirse a máis localizacións, tanto a nivel galego como a outras rexións.

Subgo está en fase de desenvolvemento na actualidade. A previsión é que o proxecto se lance ao mercado nun prazo máximo dun ano e que poida expoñerse en centros educativos, de investigación e divulgación científica, muses ou centros de interpretación.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...