InicioEconomíaO portal de emprego de Vialia Estación rexistra 375 ofertas de traballo...

O portal de emprego de Vialia Estación rexistra 375 ofertas de traballo e recibe 17.500 currículos

É o balance dos primeiros dez meses en funcionamento do portal, que botou a andar en outubro de 2020.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portal de emprego de Vialia Estación de Vigo rexistrou nos seus primeiros meses de funcionamento un total de 375 ofertas de emprego e recibiu máis de 250.000 visitas e 17.500 currículos.

Trátase do balance dos primeiros dez meses en funcionamento do portal, que botou a andar en outubro de 2020 para pór en común aos candidatos coas empresas que operarán no centro comercial.

A idea de lanzar este portal xurdiu a partir da petición dos cidadáns que o demandaban. Desde o principio, as persoas sempre estiveron no centro do proxecto, por iso é polo que sempre teñamos presentes as súas necesidades e expectativas”, explicou o director de Mercadotecnia, Innovación e RSC de Nhood España, Daniel Lorenzo.

Así as cousas, cadeas e tendas como Alcampo, Mango, Primark, A Pebida, C&A, The Body Shop, New Branco, Verdecora, KFC, New Yorker, Juguettos, Bombon Boss, Padthaiwok ou Denim & Friends son algunhas das empresas que utilizaron o portal para a procura de persoal.

A falta dun mes e medio para a apertura do centro, os centros continúan no proceso de selección para os seus persoais. Con todo, segundo explica o centro comercial, o portal continuará en funcionamento para, deste xeito, cubrir as necesidades de persoal durante campañas como as rebaixas ou Nadal.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...