InicioPolíticaCaballero chama a Vigo a liderar Galicia "cun proxecto de cidade imparable,...

Caballero chama a Vigo a liderar Galicia “cun proxecto de cidade imparable, que non exclúe a ninguén”

PUBLICADO O

O acto de toma de posesión de David Regades como delegado do Estado na Zona Franca finalizou cun extenso discurso do rexedor vigués, Abel Caballero, quen ao mesmo tempo é o presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e do Consorcio da Zona Franca de Vigo.

“É un momento moi importante, simbolizado pola vosa presencia”, comezou, nun evento do que recoñeceu “contido persoal, contido político e sobre todo contido de cidade, contido de Vigo”.

O alcalde vigués entende este acto como “un paso máis na consolidación dun proxecto para a cidade de Vigo, que pertence a tantas mulleres e homes”. Recoñeceu que o corazón de Vigo é a economía, mais que ten unha alma diversa, “con cultura, con deporte, con movementos sociais. Un proxecto de cidade imparable”.

Intervención de Abel Caballero/ Miguel Núñez

Porque, asegurou, “este é o Vigo que queremos, o que marcha nunha mesma dirección, un proxecto compartido, tamén dende os medios de comunicación. David (Regades) chega a remar nesta mesma liña, todos na mesma dirección, coma cando estaba no Concello”.

Para Caballero, estamos nun gran momento “con grandes aliados, como o Goberno de España, que coñece moi ben esta cidade e o que necesita”. Agora que o PSOE chega á Zona Franca, e goberna a deputación provincial, só queda para Caballero a “oposición” da Xunta de Galicia.

Vigo é modelo da nova política, onde todos xogamos o mesmo papel, capaces de superar ideoloxías por unha meta común, sabendo que cada un ten o seu espazo”, subliñou.

Outro punto de vista do acto/ Miguel Nuñez

Se Vigo, durante a maior crisis que recorda a humanidade, foi capaz da revolución que protagonizou, de que será capaz agora que saímos? A primeira cidade de España e probablemente de Europa en superala”, e definiunos como a “cidade da economía, das tecnoloxías, do proxecto de modernidade, do automóbil, da pesca…”.

E sempre, engadiu, “nun mundo onde a solidariedade xoga un papel”. “A man está tendida para todos os que queiran vir, este proxecto non exclúe a ninguén. Consciente da súa forza, mesmo asegurou: “Todos somos iguales, nesta Galicia que queremos liderar”, coa aportación de todos, pero “o primeiro é e será sempre Vigo”.

javier losada, delegado do goberno

Para Javier Losada, delegado do Goberno en Galicia, no acto mesturábanse en harmonía moitos intereses, é dicir, os de Vigo, Galicia e España. E subliñaba que ao longo dos anos a Zona Franca non perdeu o seu espírito fundacional, “ser fonte de riqueza en Galicia”. 

Moita responsabilidade para o consorcio: “É unha etapa nova, toca pisar o acelerador. A Zona Franca provocou o despegue económico desta cidade hai 50 anos, e agora debe converterse na catapulta que relance Galicia”.

Recoñeceu carencias en I+D+i no Estado e animou a camiñar nesa dirección, a da “economía dixital”. Tamén houbo un intre para o compromiso coa creación de emprego, cunha advertencia clara: “Os números non nos poden despistar, o obxectivo é crear emprego de calidade”. Polo que enumerou varias medidas, entre elas unha subida do salario mínimo por convenio.

 

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...