InicioSociedadeFalecen cinco persoas con Covid-19, unha delas no Hospital Povisa

Falecen cinco persoas con Covid-19, unha delas no Hospital Povisa

Todas as persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As autoridades galegas informaron doutros cinco falecementos rexistrados entre este luns e este martes que elevan a 2.479 as vítimas mortais ligadas á pandemia na Comunidade. 

En concreto, Sanidade informa de tres mortes máis rexistradas este luns 2 de persoas diagnosticadas con covid-19: unha muller de 84 anos no Hospital Quirón da Coruña, unha muller de 81 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e un home de 84 no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF). Este martes 3, infórmase da morte de dúas mulleres –unha de 74 anos no Hospital Universitario Lucus Augusti e outra de 86 no centro vigués de Povisa–. 

Todas presentaban patoloxías previas.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...