InicioVigo e contornaVigoStellantis, antiga Citroën, aumenta en máis do 45% os ingresos respecto...

Stellantis, antiga Citroën, aumenta en máis do 45% os ingresos respecto ao primeiro semestre do ano pasado

Obtivo uns beneficos de case sete millóns de euros durante os primeiros seis meses do ano.

PUBLICADO O

O grupo automobilístico Stellantis obtivo un beneficio de 6.926 millóns de euros no primeiros seis meses do ano, fronte ás perdas de 1.234 millóns de euros que presentou no mesmo período de 2020. O xigante froito da fusión entre PSA e FCA rexistrou uns ingresos netos de 75.310 millóns de euros ata o 31 de xuño deste ano, o que representa un aumento do 45,75% con respecto aos 51.668 millóns de euros do primeiro semestre do exercicio previo.

O beneficio antes de impostos alcanzou os 7.288 millóns de euros, segundo os resultados semestrais presentados este martes. Esta cifra supón recuperar o signo positivo fronte ás perdas de 26 millóns de euros do mesmo período en 2020.

“Mentres brinda este sólido desempeño operativo, a compañía tamén logrou un progreso significativo en asuntos estratéxicos relacionados conaceleración de electrificación e software, que son alicerces fundamentais da nosa estratexia”, profundou o CEO de Stellantis, Carlos Tavares.

PLAN DE ELECTRIFICACIÓN

En canto ás expentativas para o segundo semestre do ano, Stellantis espera que a marxe operativa ajsutado rolde o 10%. Da mesma maneira, asume que non haberá unha maior deterioración da subministración de semiconductores e nin máis bloqueos importantes en Europa e EE.UU.

Dentro do plan estratéxico do grupo, a electrificación da frota avanza “a toda velocidade” co lanzamento de 11 modelos eléctricos puros (BEV) e 10 híbridos enchufables (PHEV) durante os próximos 24 meses. Tamén traballa no desenvolvemento da gama de vehículos comerciais lixeiros totalmente electrificados en Europa, xunto con furgonetas medianas de pila de combustible de hidróxeno, para finais de 2021.

Por último, segue adiante coa anunciada terceira “gigafábrica” para Termoli (Italia) e a transformación da planta de Ellesmere Port (Reino Unido) na primeira fábrica puramente de vehículos eléctricos puros (BEV) da compañía para finais de 2022.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...