InicioVigo e contornaVigo reduce hospitalizados pero segue á cabeza de Galicia en casos activos

Vigo reduce hospitalizados pero segue á cabeza de Galicia en casos activos

A área olívica suma 4.378 positivos, 30 máis que na xornada anterior.

PUBLICADO O

A presión hospitalaria reduciuse lixeiramente no conxunto de Galicia no ecuador desta semana, ao descender a 264 os pacientes hospitalizados pola Covid-19, que supoñen dúas persoas menos; mentres que os novos contaxios baixan a 1.257, uns 43 menos que o día pasado, pero os casos activos aumentan a 18.535. Pola súa banda, a taxa de positividade mantense nun 13 por cento.

Segundo os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do martes, recollidos por Europa Press, as persoas ingresadas pola Covid-19 en UCI mantense en 30 e descenden a 234 as que se atopan hospitalizadas noutras unidades –dúas menos–, mentres que 18.271 pacientes permanecen no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase nas de Ourense, Vigo e Santiago e Barbanza; mentres que aumenta nas da Coruña e Cee, Lugo, Ferrol e Pontevedra e O Salnés. No caso de Vigo seguen catro en críticos e redúcense a 42 os doutras unidades –tres menos–. Só A Coruña-Cee suma máis hospitalizados.

CASOS ACTIVOS EN AUMENTO

En canto aos casos activos, acumulan ascensos durante 35 xornadas consecutivas e sitúanse en 18.535 en Galicia, que constitúen 474 máis que a xornada anterior, ao haber de novo máis contaxios (1.257) que altas (783), ao que se engade un falecemento. Con respecto a fai sete días, a Comunidade galega rexistra unhas 6.000 infeccións activas máis que o pasado mércores, 21 de xullo, cando había 12.889.

Por áreas sanitarias, os casos activos descenden de novo soamente na de Ourense (-34) e aumentan en todas as demais. Vigo sofre un repunte máis leve que o doutras áreas, con só 30 casos suplementarios fronte os 206 da Coruña. Aínda así, a área olívica segue a se situar á cabeza de Galicia ao sumar 4.378 casos activos, por moi riba dos 3.530 do distrito herculino.

CONTAXIOS POR ENCIMA DE MIL

Chegado o ecuador da última semana de xullo, os novos contaxios de Covid-19 mantéñense desde o martes 20 por encima do milleiro, con 1.257, o que supón unha lixeira redución de 43 con respecto aos 1.300 da xornada pasada, tras os 1.115 do luns.

En Galicia foron confirmados 1.259 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), que supoñen 63 máis que o día anterior, dos cales 305 corresponden á área de Vigo; outros 305, á da Coruña e Cee; 171, á de Pontevedra e O Salnés; 149, á de Santiago e Barbanza; 142, á de Lugo; 109, á de Ourense; e 78, á de Ferrol.

POSITIVIDADE DISPARADA

Galicia levou a cabo desde o inicio desta pandemia 2.535.184 PCR, que supoñen 7.939 máis que as rexistradas ata a xornada anterior, e algo máis dun milleiro que as feitas o día pasado. En canto á taxa de positividade das PCR a nivel autonómico, mantense nun 13,4 por cento como a xornada anterior, tras iniciar esta semana cun repunte a un 15 por cento. Así, a Comunidade galega continúa por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que, ata fai tres semanas, non superaba desde o 15 de febreiro.

VÍTIMAS E CURADOS

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 en Galicia desde o inicio da pandemia ascenden a 2.453 tras notificar este martes Sanidade un novo óbito. En concreto, a Consellería de Sanidade informou da morte dun home de 100 anos no hospital Povisa de Vigo, que presentaba patoloxías previas ao seu diagnóstico por Covid.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...