O Concello acusa a Xunta de “paralizar o urbanismo vigués”

Barrio do Cura/ Miguel Núñez

Unha vez analizados os argumentos ofrecidos este luns polo goberno de Núñez Feijóo sobre o Plan Xeral de Vigo, dende o Concello da cidade olívica consideran “evidente” a pretensión da Xunta de Galicia “de paralizar o urbanismo vigués”.

No Goberno de Vigo xa iniciaron a redacción do documento para o borrador e o documento estratéxico por parte dos servizos propios da Xerencia de Urbanismo. Ademais adoptouse o acordo de iniciar a contratación e actualmente só resta adxudicar a redacción do PXOM, pois está pechado o prazo de presentación de ofertas coa concorrencia de varias
empresas.

O contrato de redacción do Plan está lanzado e as ofertas, presentadas. “Acaso a Xunta de
Galicia non quere cumprir coa súa obriga de asumir o 50% do seu custo, como si fixo en todos os municipios galegos con máis de 50.000 habitantes? A Xunta de Feijóo oponse a que Vigo conte cunha nova ordenación urbanística”, defenden desde o Concello vigués.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here